logo Casa da Sebe
Aluguer vacacional na Costa da Morte

A Casa

  • Piscina en Casa da Sebe
  • Fachada de Casa da Sebe
  • Salón de Casa da Sebe
  • Habitación de Casa da Sebe
  • Habitación de Casa da Sebe

Casa da Sebe Aluguer Vacacional está a 600 metros da praia e do porto de Barizo (Malpica), un pequeno porto pesqueiro con moito encanto. A casa está recentemente restaurada e conta con todas as comodidades, así como unhas modernas instalacións que respectan o ambiente tradicional.

Cinco habitacións dobres con baño, unha suite e un apartamento para 4 persoas forman as nosas instalacións. Unha piscina privada, unha barbacoa de pedra e 1200 metros cadrados de axardiñados e valados, ideais para que os nenos disfruten e os pais estean tranquilos, completan os nosos servizos.

Lareira Casa da Sebe

E para aqueles días que teñamos a sorte de disfrutar dun dos impresionantes temporais de inverno, contamos cunha lareira de pedra no salón, unha sala de xogos equipada con DVD e películas variadas, fío musical e zona wifi.

Casa da Sebe distínguese por ser un espazo perfectamente adaptado tanto para os días de praia como para a paz dos días de inverno.


Casa da Sebe Aluguer Vacacional

O Castro - Barizo (Malpica - A Coruña)

Teléfono: 981 721 090 / 618 289 052

E-mail: info@casadasebe.net



Aviso Legal       ·   byNHSW