Coas Illas Sisargas sempre á vista, a só 600m da praia e do porto de Barizo, na nosa casa de turismo rural vostede poderá disfrutar dunhas vacacións ideais, nunha das zonas máis fermosas de Galicia con todas as comodidades dun espazo tranquilo e fermoso.
Ademais somos un lugar de partida perfecto, a unha hora en coche da Coruña e Santiago de Compostela, para coñecer a lendaria Costa da Morte e a súa contorna.
A nosa casa de turismo rural atópase na estrada que leva ao faro de Punta Nariga, lugar ideal dende onde contemplar inigualables postas de sol ou a intensidade do mar das nosas costas.
Cicloturismo, rutas a cabalo, caza en coto permanente, pesca fluvial, viaxes en barco, sendeirismo... son algunhas das actividades que lle propoñemos realizar durante a súa estadía.
Achéguese e disfrute.