Casa da Sebe Aluguer Vacacional está a 600 metros da praia e do porto de Barizo (Malpica), un pequeno porto pesqueiro con moito encanto. A casa está recentemente restaurada e conta con todas as comodidades, así como unhas modernas instalacións que respectan o ambiente tradicional.
Cinco habitacións dobres con baño, unha suite e un apartamento para 4 persoas forman as nosas instalacións. Unha piscina privada, unha barbacoa de pedra e 1200 metros cadrados de axardiñados e valados, ideais para que os nenos disfruten e os pais estean tranquilos, completan os nosos servizos.
E para aqueles días que teñamos a sorte de disfrutar dun dos impresionantes temporais de inverno, contamos cunha lareira de pedra no salón, unha sala de xogos equipada con DVD e películas variadas, fío musical e zona wifi.
Casa da Sebe distínguese por ser un espazo perfectamente adaptado tanto para os días de praia como para a paz dos días de inverno.